20/04/2010

Convidados de honra no día das Letras Galegas 2010

A Sra.Concepción de San Salvador e Xabier Díaz (Berrogüetto), compartirán connosco a celebración do día das nosas Letras.

"A música popular e a música de raíz, ten esa cualidade como de estar unida polas estrelas non importa que sexas doutro sitio para percibir a emoción que hai implícita nela."
"Eu creo que sería interesante que a música deste país tivese unha imaxe propia fóra. Que non fose identificada como un "totus" do que é a música española, porque en realidade non o é."
"Eu tomei a miña elección. A miña elección está clara: eu teño unha lingua propia e é a que emprego para construir a miña música.Creo que é unha lingua absolutamente musical que funciona maravillosamente ben, e van unidas. Non entendo a unha sen a outra."



"A música foi un vehículo de expresión no que transportar moitísima información que ten a ver coa lingua: moitísimas palabras e expresións. E toda esa xente o fixo. E por iso estou por un lado agradecido e por outro triste porque as xeracións seguintes, moitos dos fillos desta xente, non querían ver esa parte dos seus pais."
"Eu en todo caso son partidario de convencer aos castelán-falantes con amor. Paréceme moito máis interesante. Entón, eu fálolles e cóntolles os meus contos en galego, e fágoo con todo o cariño do mundo para que se dean conta de que temos unha lingua absolutamente maravillosa."
"Precisamos que teñan (as novas xeracións) unha certa conciencia de que existe un idioma neste país que hai xente que cantamos nese idioma, e para que se poidan achegar dalgún xeito á nosa música sen que lles pareza algo exótico..."
"A mellor decisión que tomei na miña vida foi virme a vivir ao rural. Eu era un urbanita que estaba moi inconforme coa miña vida e agora estou moi contento. Creo que se pode estar no mundo e viaxar por todo o mundo e vivir na aldea. É absolutamente maravillosa a perspectiva de todo o que se está a facer no mundo pero desde aquí, desde a aldea."

Nenhum comentário:

Postar um comentário