24/04/2010

O NOTICIEIRO DO BUSTO

Os nenos e nenas da Escola do Busto familiarízanse cos xornais na clase





E despois deciden sair a rúa para informarse dalgunhas novas de actualidade que aconteceron estes días na súa aldea.


LÚA PARIU DOUS CADELIÑOS

A cadela de Adrián trouxo dous canciños, marrós e brancos. Hoxe fomos coñecelos no recreo e xogamos un pouco con eles. Pasámolo moi ben aínda que Lúa non se deixou fotografiar. Estaba moi nerviosa coa nosa visita.




TRES MICHIÑOS MOI SUAVES




Na eira de Zaira e Adrián atopamos tres michiños que moito nos molaron!


UN CABRITIÑO MOI FEITO E OUTROS MOI MAMÓNS






Esta “cousiña” fermosa naceu onte. - Non sei a quen semella, pois a súa mamá é branca e o seu papá tamén! Aínda non sei como lle vou chamar! –Di Mariví.


UN PAVO REAL TÍMIDO




Na leira de Mariví había gran variedade de animais. Entre as aves que alí vimos, o que máis nos chamou a atención foi o pavo real. Cando chegamos tiña o seu abanico extendido pero despois, ao vernos, recolleuno.




ADOPTAMOS DOUS CABRITIÑOS





E como despedida desta experiencia esta foto de grupo cos dous cabritiños que pensamos adoptar se a familia de Mariví nos deixa. Sabemos que á familia CABRA non lle agradou moito a nosa visita. Patricia di que en vez de balar beeee! Semellaba que dicían – Socooorooo! Mamááááá! Fóra neeeeeenooooos!
Nós marchamos moi ledos e con ganas de voltar. Agradecemos moito a colaboración das familias do Busto.

Nenhum comentário:

Postar um comentário