28/04/2010

O CIRCO DE CRACOVIA CHEGA A SANTA COMBA!


Señores e señoras, benvidos ao espectáculo máis grande do mundo: o circo de Cracovia!

Chegados dende Boaña, e abrindo a comitiva, aquí tendes a banda do noso circo. Escoitade o ben que sonan os seus instrumentos.
Ei vén o noso circo
O circo de Cracovia
Ei ven o noso circo
Xa chegou a Santa Comba.
Ven correndo miña rula
Que a función vai comezare.

A continuación, aquí tendes dando brincos aos alegres malabaristas. Eles chegan dende Busto. Mirade que destreza teñen manexando as cintas, os platos chinos, as pelotas, as cariocas…
E xa están facendo a súa entrada no escenario os magos que chegan dende Freixeiro. Veñen ataviados coas súas capas e as súas chisteras. Non perdades nin un só detalle porque ao velos seus trucos de maxia quedaredes coa boca aberta.
De seguido, chegados dende Montouto, temos con nós os elefantes cos seus domadores. Menudo equilibrio teñen estes animais tan grandóns. Ollade para eles, xiran arredor das dúas patas traseiras, increíble!

E a continuación, dende Picotos, veñen os paiasos do noso circo. Preparádevos para botar unhas boas gargalladas porque son moi divertidos.
E por fin chegou a actuación máis esperada. Con todos vós os leóns coa súa domadora, chegados dende San Cristovo. Ben atentos porque estes leóns van pasar por un aro de lume, impresionante!

Agora agarrádevos ben ás vosas cadeiras porque van facer a súa entrada os feros tigres. Proceden de Malasia, aínda que agora asentaron en San Salvador. Non teñades medo porque a súa domadora, a toque de látigo, consegue que vaian todos en fila pasando por dentro do aro, fascinante!

E aquí remata a nosa función. Esperamos que vos gustase, e o ano que vén voltaremos a Santa Comba. Un forte aplauso para tódolos artistas do gran circo de Cracovia.

SAÍDA A SANTIAGO

O día 23 de Outubro do 2009 fomos ao Auditorio de Galicia a vela obra O CASTELO DA ROCHA VELLA, protagonizada polos monicreques de Kukas en colaboración coa Real Filharmonía de Galicia.
Rímonos moitísimo e saímos todos encantados para merendar un pouco.
Debaixo dun finísimo orballo, achegámonos ata o Mosteiro de San Martín Pinario para visitar a exposición “GALICIA DIXITAL”, onde poidemos interactuar con creacións audiovisuais e multimedia.
Que cantidade de cousas chegamos a ver e tocar!

27/04/2010

Festa do Nadal

O día 22 de Decembro celebramos a festa do Nadal: todas as escolas do CRA reunímonos na escola de Busto e pasámolo moi ben.
Primeiro fixemos un "CONCURSO TELEVISIVO" que consistía nun taboeiro de xogos titulado:

Con actividades diversas e moi divertidas. Habia 4 equipos : Equipo Verde " Os renos maxicos " , Equipo Amarelo " Os elfos de Papa Noel ", Equipo Vermello " Folerpa de Neve ", Equipo Azul " Barbas Brancas "
Guiados por unhas estupendas azafatas


O final o equipo que gañou, foi o Equipo Vermello " Folerpa de Neve " Tamen tivemos uns artistas invitados que eran os profesores disfrazados








Carlos Baute e Marta Sanchez Miguel Bose e Bimba Bose

Fito Nena da Conte
Bisbal Chiquilicuatre e a suas chicas
Rosana Bob Esponja
Andres Dobarro Julieta Venegas

¡¡ Cantos artistas chegaron a Santa Comba !!

Despois visitounos PAPA NOEL que entregounos a todos un agasallo, por último comemos productos típicos do Nadal : mazapáns, polvorons, .. etc. e ! CHOCOLATE ¡ !! QUE GUAY ¡¡ solo nos faltaron os CHURROS.

FOI UN DIA DE CONVIVENCIA DE TODO O C.R.A. E MOI DIVERTIDO. PASAMOLO MOI BEN.

24/04/2010

O NOTICIEIRO DO BUSTO

Os nenos e nenas da Escola do Busto familiarízanse cos xornais na clase





E despois deciden sair a rúa para informarse dalgunhas novas de actualidade que aconteceron estes días na súa aldea.


LÚA PARIU DOUS CADELIÑOS

A cadela de Adrián trouxo dous canciños, marrós e brancos. Hoxe fomos coñecelos no recreo e xogamos un pouco con eles. Pasámolo moi ben aínda que Lúa non se deixou fotografiar. Estaba moi nerviosa coa nosa visita.




TRES MICHIÑOS MOI SUAVES




Na eira de Zaira e Adrián atopamos tres michiños que moito nos molaron!


UN CABRITIÑO MOI FEITO E OUTROS MOI MAMÓNS






Esta “cousiña” fermosa naceu onte. - Non sei a quen semella, pois a súa mamá é branca e o seu papá tamén! Aínda non sei como lle vou chamar! –Di Mariví.


UN PAVO REAL TÍMIDO




Na leira de Mariví había gran variedade de animais. Entre as aves que alí vimos, o que máis nos chamou a atención foi o pavo real. Cando chegamos tiña o seu abanico extendido pero despois, ao vernos, recolleuno.




ADOPTAMOS DOUS CABRITIÑOS





E como despedida desta experiencia esta foto de grupo cos dous cabritiños que pensamos adoptar se a familia de Mariví nos deixa. Sabemos que á familia CABRA non lle agradou moito a nosa visita. Patricia di que en vez de balar beeee! Semellaba que dicían – Socooorooo! Mamááááá! Fóra neeeeeenooooos!
Nós marchamos moi ledos e con ganas de voltar. Agradecemos moito a colaboración das familias do Busto.

21/04/2010

Divertimonos cos libros


Na escola de San Salvador durante este curso fixemos un recanto no cal iamos colocando libros que atopabamos relacionados cos temas que traballabamos na aula:o Samaín e o Magosto, o Nadal, o Entroido e o Circo, as Estacións, o" Quixote", o Arte, as Vacacións,...

Con motivo disto o Día do Libro o conmemoramos dunha maneira especial realizando unhas actividades moi amenas e interesantes:
- Falamos de Cervantes e da conmemoración do Día do Libro.
- Escoitamos a canción "O libro máxico" do grupo Migallas.
- Buscamos libros, páxinas web... que falaran de Cervantes e da sua obra "Don Quijote".

-Limos o libro"Don Quixote e Breogán na aventura dos muiños" de Anxo Fariña.

-Vimos como se fai un libro explicado polos Bolechas.

-Realizamos un marcapáxinas coas caras de Cervantes e de Don Quixote.

-Coloreamos debuxos do Día do Libro e de Don Quixote que colocamos nun pequeno mural .

Como broche final os nenos/as levamos un diploma por participar nesta actividade.

20/04/2010

Convidados de honra no día das Letras Galegas 2010

A Sra.Concepción de San Salvador e Xabier Díaz (Berrogüetto), compartirán connosco a celebración do día das nosas Letras.

"A música popular e a música de raíz, ten esa cualidade como de estar unida polas estrelas non importa que sexas doutro sitio para percibir a emoción que hai implícita nela."
"Eu creo que sería interesante que a música deste país tivese unha imaxe propia fóra. Que non fose identificada como un "totus" do que é a música española, porque en realidade non o é."
"Eu tomei a miña elección. A miña elección está clara: eu teño unha lingua propia e é a que emprego para construir a miña música.Creo que é unha lingua absolutamente musical que funciona maravillosamente ben, e van unidas. Non entendo a unha sen a outra."



"A música foi un vehículo de expresión no que transportar moitísima información que ten a ver coa lingua: moitísimas palabras e expresións. E toda esa xente o fixo. E por iso estou por un lado agradecido e por outro triste porque as xeracións seguintes, moitos dos fillos desta xente, non querían ver esa parte dos seus pais."
"Eu en todo caso son partidario de convencer aos castelán-falantes con amor. Paréceme moito máis interesante. Entón, eu fálolles e cóntolles os meus contos en galego, e fágoo con todo o cariño do mundo para que se dean conta de que temos unha lingua absolutamente maravillosa."
"Precisamos que teñan (as novas xeracións) unha certa conciencia de que existe un idioma neste país que hai xente que cantamos nese idioma, e para que se poidan achegar dalgún xeito á nosa música sen que lles pareza algo exótico..."
"A mellor decisión que tomei na miña vida foi virme a vivir ao rural. Eu era un urbanita que estaba moi inconforme coa miña vida e agora estou moi contento. Creo que se pode estar no mundo e viaxar por todo o mundo e vivir na aldea. É absolutamente maravillosa a perspectiva de todo o que se está a facer no mundo pero desde aquí, desde a aldea."

15/04/2010

Imos de excursión!




En Picotos temos todo un acontecemento que contarvos. A nosa compañeria Noelia ten un pony!. Tanto nos falou del que quixemos ir a coñecelo aproveitando os primeiros raios de sol da primavera. Chámase Lucas e é moi manso. Puidemos tocalo e ata lle demos de comer. Despois do paseo todos temos clara unha cousa: Queremos un pony, please!

A semana da prensa




Dende o 12 ao 18 de Marzo no noso CRA celebramos a semana da prensa. No colexio de Picotos estivemos a traballar con xornais e revistas escritos en galego, castelán e inglés. Chamounos a atención o tamaño dalgúns dos xornais ingleses coñecidos como tabloides, case non eramos capaces de pasar as follas do grandes que eran!. Despois de coñecer un pouco mais a fondo o mundo da prensa decidimos facer un collage e aínda nos sobrou papel para poder facer uns gorros. Mirade que bonitos nos quedaron!