24/01/2010

Queremos o ensino en galego!


Dixémolo ben alto e claro o pasado xoves 21 de xaneiro os mestres/as e alumnos/as convocados á Folga contra as intencións do actual Goberno da Xunta a respecto do galego no ensino. A compostelá praza do Obradoiro ateigada de xente (moitas persoas non puideron nin entrar) son a imaxe clara de que "cargarse a nosa lingua" non lles vai ser tan doado como pensaban. A lexitimidade das urnas, que ninguén pon en entredito, non os autoriza a pasar por riba da legalidade e do consenso en materia de lingua dos que xa nos tiñamos dotado os galegos.

Preme na seguinte ligazón para comprobares que o consenso, tan demandado agora polo partido gobernante, foron eles precisamente os que o racharon. E son eles os que teñen que voltar ao mesmo. Os xornais son testemuña do seu cambio de rumbo en materia de normalización lingüística. Traballo dun compañeiro do CPI de Carral: http://www.slideboom.com/presentations/130332/UN-DECRETO-SEN-CRETO
Para máis información: análises das "Bases para o decreto do plurilingüismo", valoracións, alegacións, etc... http://www.coordinadoraendl.org/