28/04/2010

O CIRCO DE CRACOVIA CHEGA A SANTA COMBA!


Señores e señoras, benvidos ao espectáculo máis grande do mundo: o circo de Cracovia!

Chegados dende Boaña, e abrindo a comitiva, aquí tendes a banda do noso circo. Escoitade o ben que sonan os seus instrumentos.
Ei vén o noso circo
O circo de Cracovia
Ei ven o noso circo
Xa chegou a Santa Comba.
Ven correndo miña rula
Que a función vai comezare.

A continuación, aquí tendes dando brincos aos alegres malabaristas. Eles chegan dende Busto. Mirade que destreza teñen manexando as cintas, os platos chinos, as pelotas, as cariocas…
E xa están facendo a súa entrada no escenario os magos que chegan dende Freixeiro. Veñen ataviados coas súas capas e as súas chisteras. Non perdades nin un só detalle porque ao velos seus trucos de maxia quedaredes coa boca aberta.
De seguido, chegados dende Montouto, temos con nós os elefantes cos seus domadores. Menudo equilibrio teñen estes animais tan grandóns. Ollade para eles, xiran arredor das dúas patas traseiras, increíble!

E a continuación, dende Picotos, veñen os paiasos do noso circo. Preparádevos para botar unhas boas gargalladas porque son moi divertidos.
E por fin chegou a actuación máis esperada. Con todos vós os leóns coa súa domadora, chegados dende San Cristovo. Ben atentos porque estes leóns van pasar por un aro de lume, impresionante!

Agora agarrádevos ben ás vosas cadeiras porque van facer a súa entrada os feros tigres. Proceden de Malasia, aínda que agora asentaron en San Salvador. Non teñades medo porque a súa domadora, a toque de látigo, consegue que vaian todos en fila pasando por dentro do aro, fascinante!

E aquí remata a nosa función. Esperamos que vos gustase, e o ano que vén voltaremos a Santa Comba. Un forte aplauso para tódolos artistas do gran circo de Cracovia.

Nenhum comentário:

Postar um comentário