15/11/2009
Iª Asemblea Xeral da CGENDL
Iª ASEMBLEA XERAL DA CGENDL:
A CGENDL AFIRMA QUE NON TERÁ NIN MEDO NIN PREGUIZA PARA TRABALLAR NA NORMALIZACIÓN DA LINGUA GALEGA
O sábado 7 de novembro, un cento de representantes dos Equipos de Normalización e Dinamización Lingüística de centros escolares públicos e privados chegados de toda Galicia reuníronse na Iª Asemblea da Coordinadora Galega de ENDL.
No transcurso da Asemblea aprobáronse os principios que rexerán este colectivo, así como o seu plano de traballo anual, que incluirá unha campaña de sensibilización dirixida á comunidade escolar, programas de intercambio entre estudantes, fomento do galego nas novas tecnoloxías, entre outras actividades que os ENDL realizarán a pesar do recortes dos apoios institucionais.
Así mesmo, aprobouse o organigrama da CGENDL e escolleuse por unanimidade o seu Consello Directivo para os próximos dous anos. Na clausura do acto, Valentina Formoso, que resultou elixida Coordinadora Xeral, repasou a traxectoria do colectivo dende o seu nacemento e marcou as liñas de actuación para o futuro inmediato. Neste sentido, anunciou a vontade da Coordinadora de non ter “nin medo nin preguiza para traballar na normalización da lingua galega”.
Assinar:
Postar comentários (Atom)
Nenhum comentário:
Postar um comentário