03/03/2010

Orgullosos do noso, orgullosos do galego



Este é o lema da campaña impulsada pola CGENDL (Coordinadora Galega de Equipos de Normalización Lingüística) que foi presentada o pasado 22 de Febreiro e que conta con colaboracións tan rechamantes como as de Luis Tosar e Susana Seivane, entre outros, nun dos seus vídeos promocionais.
Con iniciativas como esta preténdese combater os prexuízos ao respecto da lingua e favorecer que o alumnado "sinta fachenda" de falar galego.
Esta campaña dirixida á comunidade educativa ten como obxectivo fundamental, en palabrfas da propia CGENDL, "transmitirlle á comunidade educativa, que é coa que traballamos, pero tamén ao conxunto da sociedade galega, un sentimento que debería ser común a todos nós, independentemente da ideoloxía de cadaquén, da súa condición social ou do lugar onde se viva, independentemente da idade, sexo, raza, orixe ou cor de pel que teñamos." Preténdes transmitir que ..."ter unha lingua propia é unha SORTE, non unha desgraza, é un ORGULLO non un problema. Porque hai quen se empeña en ver, ou en facer ver, o galego como un problema, e non o é, é un motivo de ORGULLO. Por iso lanzamos esta campaña, para PRESUMIR do que somos, do que temos, do noso para FACHENDEAR da nosa lingua."
Na seguinte ligazón pódense consultar os vídeos promocionais, así como os contidos e materiais da campaña:

Difundide esta campaña entre a vosa comunidade educativa e coñecidos!

Nenhum comentário:

Postar um comentário