07/12/2009

O Apalpador: o "pai Noel" galego...


Artigo tirado da páxina web http://www.oapalpador.com


O vello Apalpador, ou Pandegueiro como se lle chama en partes do oriente ourensán, é unha figura lendaria galega que achega os agasallos aos nenos polas datas do Nadal. Este xigante, de oficio carboeiro, baixaba das devesas e apalpaba as barriguiñas dos cativos. Se estaban cheas dicía: «así, así esteas todo o ano» e deixáballes unha presa de castañas. Senón calaba, pero deixáballes tamén as castañas.

Para tranquilizar aos rapaces, bulideiros pola inquedanza da chegada do Apalpador, os pais cantábanlles:


Vaite logo, meu meniño (miña meniña)
marcha agora para a camiña
Que vai vir o Apalpador
a apalparche a barriguiña.

Xa chegou o día grande
día do noso Señor.
Xa chegou o día grande
e virá o Apalpador.

Mañá é dia de cachela,
que haberá gran nevarada
e há vir o Apalpador
cunha mega de castañas.

Por aquela cemba
xa ven relumbrando
o señor Apalpador
para darvos o aguinaldo.

cachela=plancha furada para asar as castañas
mega=cesta para apañar castañas e outros froitos secos
cemba=parte elevada dunha montaña ou camiño
Na web http://www.apalpador.com/apalpador.pdf podedes baixar o conto do Apalpador con guión e ilustracións de Xoán González Otero.
E na http://www.oapalpador.com/node/20 láminas para colorear.

Um comentário:

  1. Este ano veño dende O Caurel a traervos un simpático vídeo cunha canción e un baile para darme a coñecer entre @s máis pequen@s http://youtu.be/JmAfI4ucKJc

    Ademáis podedes descargar a canción de balde e atopar máis recursos para a aula na web www.oapalpador.tk


    Boas festas!

    ResponderExcluir