01/04/2009

Créase a Coordinadora Galega de ENDL


O sábado 28 de marzo tivo lugar en Compostela unha reunión á que asistiron perto dun cento de coordinadores e membros de ENDL (Equipos de Normalización e Dinamización Lingüística) na que acordaron a creación da Coordinadora Galega de Equipos de Normalización e Dinamización Lingüística.

O obxectivos da Coordinadora pasan por tratar de establecer dinámicas de colaboración entre os diferentes equipos e unha cooperación que permita compartir experiencias normalizadoras que redunden positivamente no traballo da dinamización lingüística nos centros de ensino galegos.

Unha das primeiras accións a realizar é a de recabar apoios dos ENDLs ao texto que se consensuou o sábado pasado. En dito texto solicítaselle ao novo goberno galego que manteña os compromisos acordados pola comunidade educativa e o Parlamento galego no Plan xeral de normalización da lingua galega.

A coordinadora convida todos os Equipos de Normalización a que apoien o texto resultado do debate do sábado pasado. Para facelo, poden enviar un fax no que se identifique o centro educativo, o concello no que está situado e os datos persoais do coordinador ou coordinadora ao 981800064 ou na páxina web http://www.coordinadoraendl.org/


Um comentário:

  1. Ola

    Parabéns por botar a andar un novo blogue dun ENDL. Quedades agregados ao Planeta ENDL, un espazo na rede onde se actualizan blogues e páxinas de interese sobre a lingua galega e da actualidade dos equipos.

    http://www.planetaki.com/normalizagaliza

    http://www.blogoteca.com/nalinguadetodos/index.php?cod=56473

    ResponderExcluir