Queridos compañeiros e compañeiras de escolas rurais, o próximo venres 25 de xuño agardámosvos en Santa Comba para compartir unha xornada con todos vós. As actividades serán maioritariamente lúdicas e o obxectivo principal será o de establecer relacións que nos axuden a mellorar a nosa práctica docente nun contexto que nos é común a todos.
21/06/2010
15/06/2010
Andoriña!!
Etiquetas:
Normalización Lingüística,
Publicacións
30/05/2010
DE VIAXE POLA INDIA...
A India é o segundo país máis poboado do mundo e nel podemos atopar gran cantidade de tesouros culturais. É un país apasionante e coñecelo supón toda unha aventura.
Na escola de San Cristovo estamos viaxando pola India e aprendendo cantidade de cousas: alí a xente ten un grande respeto polos animais (as vacas son animais sagrados!), a vestimenta das mulleres gustounos moito e tamén os adornos que levan os traxes, visitamos monumentos como o Taj Mahal (coa súa fermosa historia de amor), lemos contos tradicionais e tamén aprendimos moito sobre a súa música.

Preme na imaxe para acceder a actividades sobre instrumentos tradicionais da India:
19/05/2010
DECORAMOS A NOSA ESCOLA!
08/05/2010
GalegOlimpíadas
GALEGOLIMPÍADAS
Este ano en Educación Física fixemos unhas olimpíadas de xogos populares, que son os xogos que facían os nosos pais e avós cando tiñan a nosa idade. A verdade é que o pasaban moi ben... E NÓS TAMÉN!!!
Aquí estamos os nenos de Montouto, Busto e Picotos preparados para a competición... Que ganas de comezar!
Nas escolas fixemos moreas de probas: Carreiras de Sacos, Buxainas, Chapas, Mariola, Salto da Comba, Zancos, O Pano, Petanca...
Nestas fotos, vedes algunhas das competicións que fixemos...
QUE GAÑE O MELLOR!
CHAVE, BOLOS E SOKA-TIRA
O ARO, A MARIOLA E POLIS E CACOS
Diario Acuático
...A HORA DOS GOLFIÑOS
Como cada ano nos meses de Abril e Maio dedicámonos a mellorar as nosas habilidades acuáticas, a ver se dentro de pouco temos sorte e imos aos xogos olímpicos!!!
Este é o noso Diario Acuático.
Como cada ano nos meses de Abril e Maio dedicámonos a mellorar as nosas habilidades acuáticas, a ver se dentro de pouco temos sorte e imos aos xogos olímpicos!!!
Este é o noso Diario Acuático.
- 09:45. Chegada á piscina... Queremos nadar!!!
- 10:00. Transformación en Peixes, Quencemento e Exaltación da Amizade...
- 10:30 Listos e dispostos para a inmersión
- 10:35. Chega a hora de darlle ás aletas... Pero con moita ledicia.
- 11:10. Despois do traballo, sempre hai un momento de diversión.
- 11:15. Fotos dos golfiños máis rápidos de Santa Comba, xunto co socorrista en plena acción... QUE POSE!!!
- 11:20. Hora de saír, pensando xa nas aventuras do seguinte día... Ata a próxima!!!
28/04/2010
O CIRCO DE CRACOVIA CHEGA A SANTA COMBA!

Señores e señoras, benvidos ao espectáculo máis grande do mundo: o circo de Cracovia!
Chegados dende Boaña, e abrindo a comitiva, aquí tendes a banda do noso circo. Escoitade o ben que sonan os seus instrumentos.
Ei vén o noso circo
O circo de Cracovia
Ei ven o noso circo
Xa chegou a Santa Comba.
Ven correndo miña rula
Que a función vai comezare.

A continuación, aquí tendes dando brincos aos alegres malabaristas. Eles chegan dende Busto. Mirade que destreza teñen manexando as cintas, os platos chinos, as pelotas, as cariocas…
E xa están facendo a súa entrada no escenario os magos que chegan dende Freixeiro. Veñen ataviados coas súas capas e as súas chisteras. Non perdades nin un só detalle porque ao velos seus trucos de maxia quedaredes coa boca aberta. 
De seguido, chegados dende Montouto, temos con nós os elefantes cos seus domadores. Menudo equilibrio teñen estes animais tan grandóns. Ollade para eles, xiran arredor das dúas patas traseiras, increíble!

E a continuación, dende Picotos, veñen os paiasos do noso circo. Preparádevos para botar unhas boas gargalladas porque son moi divertidos.
E por fin chegou a actuación máis esperada. Con todos vós os leóns coa súa domadora, chegados dende San Cristovo. Ben atentos porque estes leóns van pasar por un aro de lume, impresionante!

Agora agarrádevos ben ás vosas cadeiras porque van facer a súa entrada os feros tigres. Proceden de Malasia, aínda que agora asentaron en San Salvador. Non teñades medo porque a súa domadora, a toque de látigo, consegue que vaian todos en fila pasando por dentro do aro, fascinante!

E aquí remata a nosa función. Esperamos que vos gustase, e o ano que vén voltaremos a Santa Comba. Un forte aplauso para tódolos artistas do gran circo de Cracovia.

Assinar:
Postagens (Atom)