O Verbum - Casa das Palabras, en Vigo e máis a Casa da Cultura de Melgaço acollerán entre o 23 e o 25 de abril o Congreso Internacional "Pontes de Cultura, Pontes de Futuro" que conmemora 15 anos da iniciativa "Ponte... nas ondas!". Unha importante representación de figuras destacadas da comunicación e do patrimono inmaterial galego-portugués reflexionarán sobre a traxectoria de "Ponte...nas ondas!" nestes 15 anos e sobre a importancia do patrimonio cultural común para o futuro da Eurorrexión Galiza-Norte de Portugal. Convócase ao profesorado galego e portugués a participar no Congreso de forma presencial ou mediante o envío de comunicacións sobre os ámbitos de actuación da experiencia de "Ponte...nas ondas!".
24/03/2010
23/03/2010
18/03/2010
Educación e Creatividade
O sistema educativo está a formar ás persoas afastándoas da súa creatividade.
Un par de vídeos dunha interesante charla de Sir Ken Robinson, un experto internacional no desenvolvemento da creatividade, innovación e recursos humanos.
Un par de vídeos dunha interesante charla de Sir Ken Robinson, un experto internacional no desenvolvemento da creatividade, innovación e recursos humanos.
05/03/2010
03/03/2010
Orgullosos do noso, orgullosos do galego
Este é o lema da campaña impulsada pola CGENDL (Coordinadora Galega de Equipos de Normalización Lingüística) que foi presentada o pasado 22 de Febreiro e que conta con colaboracións tan rechamantes como as de Luis Tosar e Susana Seivane, entre outros, nun dos seus vídeos promocionais.
Con iniciativas como esta preténdese combater os prexuízos ao respecto da lingua e favorecer que o alumnado "sinta fachenda" de falar galego.
Esta campaña dirixida á comunidade educativa ten como obxectivo fundamental, en palabrfas da propia CGENDL, "transmitirlle á comunidade educativa, que é coa que traballamos, pero tamén ao conxunto da sociedade galega, un sentimento que debería ser común a todos nós, independentemente da ideoloxía de cadaquén, da súa condición social ou do lugar onde se viva, independentemente da idade, sexo, raza, orixe ou cor de pel que teñamos." Preténdes transmitir que ..."ter unha lingua propia é unha SORTE, non unha desgraza, é un ORGULLO non un problema. Porque hai quen se empeña en ver, ou en facer ver, o galego como un problema, e non o é, é un motivo de ORGULLO. Por iso lanzamos esta campaña, para PRESUMIR do que somos, do que temos, do noso para FACHENDEAR da nosa lingua."
Na seguinte ligazón pódense consultar os vídeos promocionais, así como os contidos e materiais da campaña:
Difundide esta campaña entre a vosa comunidade educativa e coñecidos!
Difundide esta campaña entre a vosa comunidade educativa e coñecidos!
06/02/2010
55 mentiras sobre a lingua galega

O pasado venres 5 de febreiro presentouse simultaneamente en 69 localidades diferentes de todo o mundo o libro 55 mentiras sobre a lingua galega promovido pola Plataforma a prol da defensa e promoción da lingua galega "Prolingua" e editado por Laiovento. Unha publicación que tenta desmontar as falacias sobre as que se asenta o discurso dos que tentan impedir a normalización da lingua galega.
Na seguinte ligazón pódense atopar a descrición deste libro altamente recomendábel, así como unha presentación resumo do seu contido: http://prolinguagalega.org/55-mentiras/
24/01/2010
Queremos o ensino en galego!
Dixémolo ben alto e claro o pasado xoves 21 de xaneiro os mestres/as e alumnos/as convocados á Folga contra as intencións do actual Goberno da Xunta a respecto do galego no ensino. A compostelá praza do Obradoiro ateigada de xente (moitas persoas non puideron nin entrar) son a imaxe clara de que "cargarse a nosa lingua" non lles vai ser tan doado como pensaban. A lexitimidade das urnas, que ninguén pon en entredito, non os autoriza a pasar por riba da legalidade e do consenso en materia de lingua dos que xa nos tiñamos dotado os galegos.
Preme na seguinte ligazón para comprobares que o consenso, tan demandado agora polo partido gobernante, foron eles precisamente os que o racharon. E son eles os que teñen que voltar ao mesmo. Os xornais son testemuña do seu cambio de rumbo en materia de normalización lingüística. Traballo dun compañeiro do CPI de Carral: http://www.slideboom.com/presentations/130332/UN-DECRETO-SEN-CRETO
Para máis información: análises das "Bases para o decreto do plurilingüismo", valoracións, alegacións, etc... http://www.coordinadoraendl.org/
Assinar:
Postagens (Atom)

